O “esvaecimento” da febre do ouro en Salave e Corcoesto chega ao Financial Times

Salave, un paraíso en perigo polos plans de Asturgold
Salave, un paraíso en perigo polos plans mineiros de Asturgold

O corresponsal en Madrid do xornal económico, Tobias Buck, dedica un artigo aos dous controvertidos filóns facendo referencia ao “tesouro” e as controversias das reservas de ouro presuntamente agochadas nos dous maiores xacementos da Península Ibérica.

Edgewater Exploration e Astur Gold, dúas compañías mineiras con sede en Vancouver, invertiron millóns de dólares co obxectivo de acercar estes xacementos á producción“, presenta o texto. “Xuntos, os dous sitios conteñen máis de dous millóns de onzas de ouro (…) inda que a cantidade que pode producirse é probable que sexa moito menos rendible“.

O xornal publica que o que trouxo aos mineiros canadenses á zona “non só” foron os “prometedores” descubrimentos xeolóxicos, senón o clima político en España, “marcado por unha profunda recesión e un desemprego record“. Así o recoñece Cary Pinkowski, Conselleiro Delegado de Astur Gold, ao valorar que “un dos mandatos era encontrar proxectos na UE onde os políticos quixeran decir que sí a os postos de traballo“, sen facer referencia en ningún momento ao maioritario rexeitamento social nen aos contínuos reveses xudiciais na que actualmente está envolta a compañía mineira.

Coma no caso de Corcoesto, -sinala o artigo- “os dous proxectos forman parte dun movimento máis amplo de investidores extranxeiros que buscan convertir os problemas de España no seu beneficio e para atopar unha economía disposta a aceptar inversións controvertidas“. “Un exemplo destacado é o de Eurovegas, mega-casino respaldado por Sheldon Adelson, o multimillonario de EE.UU. que presionou ao Goberno para cambiar as leis locais sobre o tabaquismo e outros temas a cambio da creación de postos de traballo“.

Sen embargo, Edgewater ven de descubrir que “os problemas de emprego non sempre selan o trato“, tras o paso atrás da Xunta coa petición en xullo de maiores garantías financieiras e a cancelación definitiva do proxecto en outubro. O propio presidente de Edgewater, George Salamis, afirma que a decisión do Goberno galego, “enviou unha onda de choque a través da nosa base de accionistas e impide a nosa capacidade para financiar o proxecto“.

Inda que Salamis espera que Edgewater poida convencer ás autoridades galegas “despois da incorporación doutros investidores e socios“, o artigo recoñece que para a súa empresa, sen embargo, “gran parte do entusiasmo inicial desta mini-febre do ouro xa comenzou a esvaecerse“.

 

Advertisements